Avaliación das solicitudes

Avaliación das solicitudes

 
A Secretaría Técnica, tras a recepción, rexistro, e valoración formal das solicitudes de acreditación, remitirá a documentación completa de cada expediente aos membros do Comité de Acreditación a través da plataforma Saga Avaliadores.
Os evaluadores valorarán a actividade de forma independente, en base aos seus coñecementos técnicos, outorgando unha puntuación de acordo cos criterios cualitativos aprobados pola Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias do SNS e remitindo a devandita valoración á Secretaría Técnica a través do portal web Saga Avaliadores.
Por acordo da Comisión Nacional, cada actividade será avaliada por un mínimo de 3 e un máximo de 5 evaluadores, sen prexuízo de solicitar valoracións adicionais cando resulte necesario.
As edicións novas e idénticas (reedicións) dunha actividade xa acreditada, serán estudadas pola Secretaría Técnica para comprobar que son iguais á anterior, asignaránselles os mesmos créditos obtidos por esta, a condición de que non se produzan novidades nos criterios ou/e métodos de avaliación, ou calquera outra circunstancia que poidese modificar a asignación de créditos dunha actividade.
Consideraranse reedicións as celebradas nos dous anos seguintes á primeira solicitude.
 
AVALIACIÓN E ADXUDICACIÓN DE CRÉDITOS.


Resulta de valorar dous compoñentes:
1. Compoñente cuantitativo ou factor de extensión.(CCT)
 
  
A Secretaría Técnica propoñerá á Comisión as horas para o cálculo do compoñente cuantitativo en todo tipo de actividades: presenciais, non presenciais e mixtas.
En todo caso, consideraranse como máximo de 100 horas, independente das horas estimadas polo provedor.
 
Duración da formación presencial:
 
É valorada pola Secretaría Técnica en función do cronograma achegado polo provedor.
 
Non se computarán como horas acreditables:
  • Os descansos.
  • O tempo dedicado á entrega de documentación
  • A presentación e clausura salvo que polo seu valor pedagóxico formen parte do contido docente de actividade.
  • Calquera outra actividade non orientada á aprendizaxe nin á súa avaliación.
  • Nos congresos, reunións, xornadas e symposium, etc, non será acreditable o tempo dedicado á presentación de pósteres e comunicacións ou a actividades que non formen parte do programa científico asumido pola organización.

Extensión da formación non presencial:
 
É valorada pola Secretaría Técnica en función dos informes dos avaliadores e fai referencia ao tempo en horas que cada alumno deberá dedicar á aprendizaxe sen presenza física. Non se computarán máis de 5 horas semanais de dedicación.
 
Ponderación do compoñente cuantitativo:
 
Aplícase un factor de ponderación graduado:
        •  < ou = as 20 horas x 1,1
        • entre 21 e 40 horas x 1,0
        • entre 41 e 80 horas x 0,9
        •  > de 80 horas x 0,7
Esta corrección tende a ponderar o impacto, sobre o número final de créditos, das actividades de moi longa duración, que en xeral presentan dilemas interpretativos sobre a súa natureza de formación continuada.
 
2. Compoñente cualitativo ou factor de calidade.(CCL)

 

É valorado para cada actividade por un mínimo de tres e un máximo de cinco avaliadores externos de acordo aos criterios comúns, xerais e mínimos establecidos pola Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias do SNS.

A valoración contempla cinco elementos:

  • Pertinencia
  • Obxectivos
  • Metodoloxía Docente
  • Avaliación
  • Organización e loxística 
 
Ponderación do compoñente cualitativo. 
Partindo da base da importancia desigual que se concede a cada un dos criterios nos que se basea o compoñente cualitativo (CCL), introdúcese un factor de ponderación en cada un:
  • Pertinencia x 2
  • Obxectivos x 1
  • Metodoloxía x 1,5
  • Avaliación x 1,5
  • Organización e Loxística x 1

Para obter a acreditación, o valor do CCL debe ser igual ou maior a 1.

 
O nº total de créditos asignados a unha actividade concreta é o resultado do produto da puntuación do compoñente cualitativo(CCL) polo compoñente cuantitativo (CCT).
                                                  
                                           Nº CRÉDITOS = CCT x CCL