¿Quen pode solicitar a acreditación?

¿Quen pode solicitar a acreditación?

Enténdese como provedor, a entidade que organiza ou promove a actividade, solicita a acreditación e emite os certificados facéndose responsable da devandita actividade.
Poden presentar solicitudes de acreditación de actividades de formación continuada dirixidas aos profesionais sanitarios, os centros, institucións, tanto públicas como privadas, cuxos estatutos inclúan como fin a formación, e traballadores autónomos cuxa actividade principal sexa a formación, aténdose ao procedemento aprobado pola Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias.

Non se admitirán solicitudes cuxos provedores sexan persoas físicas, excepción feita de traballadores autónomos.

Non se admitirán solicitudes presentadas por entidades comerciais de produtos sanitarios ou relacionados.

Os provedores que soliciten por primeira vez unha acreditación, deberán acompañar á solicitude unha copia actualizada dos estatutos da súa institución, escrituras públicas de constitución ou regras fundacionais. Cómpre así mesmo informar á Secretaría Técnica sobre os seus locais administrativos e os lugares onde se realizará a formación presencial así como da experiencia da entidade e do seu equipo de docentes.