Sistema notificación e aprendizaxe para a seguridade do paciente (SiNASP)

Sistema notificación e aprendizaxe para a seguridade do paciente (SiNASP)

O SiNASP é o sistema de notificación e rexistro de incidentes e eventos desenvolvido polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social como parte da Estratexia de seguridade de pacientes para o Sistema Nacional de Salud.
O obxectivo do SiNASP é a mellora da seguridade dos pacientes a partir do análise de incidentes que produciron, ou poderían haber producido, dano aos pacientes. Poden comunicar ao SiNASP os profesionais sanitarios, máis os celadores nos hospitais e os PSX nos centros de atención primaria, que estean dados de alta como centros notificadores. 
A finalidade das notificacións é a aprendizaxe para a mellora da seguridade do paciente.
Os principios básicos do SiNASP son os seguintes:
Voluntariedade: A notificación de incidentes é totalmente voluntaria, aínda que se anima aos profesionais a colaborar na aprendizaxe e na mellora da seguridade do paciente.
Non punibilidade 
Confidencialidade: Toda a información contida no sistema é confidencial e só os profesionais involucrados na xestión do sistema ou na investigación de incidentes terán acceso á información.
Notificación anónima ou nominativa con anonimización (ou de-identificación): a notificación pode ser anónima ou nominativa. No caso das notificacións nominativas, o sistema está deseñado para anonimizar (eliminar os datos relativos á identidade do notificante) automáticamente a información nun período de quince días.
Orientación sistémica: a aparición de incidentes relacionados coa seguridade do paciente depende, en gran medida, de múltiples factores contribuíntes, a análise e as recomendacións deben adoptar un enfoque sistémico, examinando as "condicións latentes" que permitiron a aparición do incidente.
Análise para a aprendizaxe e a implantación de melloras a nivel local: Aínda que parte da información que recolle o sistema agrégase e analízase a nivel da CC.AA. e do Ministerio, o SiNASP ten unha orientación eminentemente local. A implicación dos profesionais dos centros adscritos na análise das notificacións, considérase fundamental para alcanzar a aprendizaxe e os cambios necesarios no sistema para previr eventos similares.
logo_SINASP.png