Vostede deberá seguir as sinxelas indicacións que lle transmiten, que poden consistir en que teña que responder de xeito verbal ou ben pulsar unha tecla do teléfono.
O sistema deberá identificalo polo que é preciso que teña a man a súa tarxeta sanitaria e o seu DNI/NIF para que a xestión sexa o máis áxil posible.
Para facilitar a comunicación, este sistema atenderá chamadas tanto en galego como en castelán polo que vostede poderá elixir o idioma no que vai a ser atendido. Debe ter en conta que unha vez elixido non poderá cambiar de idioma ao largo da conversación e terá que dirixirse ao sistema exclusivamente no idioma escollido.
Recorde que debe escoitar con atención, responder só ao que se lle indique, falar dun xeito claro e natural e non repetir as palabras ao falar xa que se o sistema non entende o que vostede dixo preguntaralle de novo. Por exemplo, se vostede se chama Ana María e o sistema lle pregunta o seu nome, non conteste: "Ana ... Ana María", xa que nese caso o sistema recoñecerá "Ana Ana María" e ao non atopar coincidencia co su nome terá que volver a preguntar.
O proceso é moi sinxelo, tan só debe dar resposta á información que o sistema lle requirirá, seguindo os pasos que a continuación indicamos:
