Receitas e recollida de medicación noutras comunidades

Receitas e recollida de medicación noutras comunidades

Receta electrónica SNS

É un programa impulsado polo MSSSI (Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) que permite garantir a interoperabilidade de receita electrónica no Sistema Nacional de Saúde (SNS) das distintas comunidades autónomas.


 
E-Receita_SNS.png 

A principal vantaxe deste programa para a cidadanía é que lle permite recoller a medicación das receitas electrónicas en calquera oficina de farmacia de España.

  1. ​Qué necesito?
  2. Presentar a tarxeta sanitaria na farmacia e dispoñer de receitas electrónicas para recoller (en estado dispensable). Estas receitas electrónicas serán as que previamente lle prescribira o seu médico en Galicia.

     

  3. Onde podo recoller as miñas receitas electrónicas sen papel?
  4. En calquera oficina de farmacia do Sistema Nacional de Saúde.

     

  5. Quen pode utilizar este sistema?
  6. Calquera persoa con tarxeta sanitaria e receitas do Servizo Galego de Saúde.

     

  7. Teño que pagar algo?
  8. Os pacientes deberán realizar a súa achega polos medicamentos recollidos da mesma forma que sucede nas oficinas de farmacia de Galicia.

    Os topes máximos de achega mensual de pacientes pensionistas non se aplicarán polo que en caso de superar o devandito tope máximo poderá solicitar o reintegro de gastos en Galicia do pago en exceso (o que pagou unha vez superado o tope mensual) que realizase. Lembre solicitar sempre ticket-factura (recibo) na oficina de farmacia para poder solicitar o devandito reintegro.