Que é o Rexistro de pacientes en espera cirúrxica?

Que é o Rexistro de pacientes en espera cirúrxica?

É unha base de datos informatizada, constituída por todos os pacientes que esperan a que se lles practique unha intervención cirúrxica non urxente, que foi indicada por un facultativo dun hospital da rede pública do Servizo Galego de Saúde.
 
O Rexistro integra o conxunto dos rexistros de pacientes en espera cirúrxica dos hospitais da rede pública de Galicia.
 
Recolle datos que permiten identificalo, clasificalo segundo a gravidade, preparalo para efectuar a intervención, realizar o seu seguimento mentres espera e xestionar adecuadamente a programación dos quirófanos dispoñibles para resolver as intervencións pendentes:
 

    ◾o seu nome, enderezo, teléfono de contacto

    ◾data na que vostede entrou na lista de espera

    ◾tipo de tratamento que vostede require

    ◾prioridade de atención establecida polo médico

    ◾situacións nas que se atopa durante a espera

    ◾preparación para realizar a intervención