Programa Supera a túa depresión

Programa Supera a túa depresión

Yoga.JPG
O programa “Supera tu depresión” é froito dunha colaboración entre o Servizo galego de saúde, o centro de excelencia internacional en investigación sobre cronicidade Kronikgune, o Servicio Aragonés de salud e o Badalona Serveis Assistencials SA-BSA.

A través de diferentes contidos ofrécese á persoa unha intervención orientada a fomentar cambios nos seus hábitos de vida e estilos de pensamento que faciliten a recuperación nun proceso depresivo leve ou moderado.

A través dos contidos do curso daranse pautas e ferramentas para traballar o estado de ánimo, modificar pensamentos negativos e dotar de estratexias  coas que  mellorar as habilidades sociais.


O programa consta de 7 módulos, cada un dos cales conta con material en diferentes formatos: vídeos informativos, material  psicoeducativo e tarefas para levar a cabo e poder medir os progresos. Recoméndase dedicarlle unha media hora cada día, de modo que cada semana póidase ir traballando sobre un dos 7 módulos.

Este programa non substitúe a  intenvención  terapeútica a levar a cabo polos profesionais da saúde.