Para
un sistema de saúde, a enfermidade coronaria ten que ser unha
prioridade. Estamos a falar da principal causa de morte no mundo. E por iso
,
xa na 2005 a Xunta de Galicia puxo en marcha o PROGALIAM, un programa
que era pioneiro nunha comunidade autónoma pluriprovincial.
Ata
entón só existían proxectos similares en comunidades uniprovinciais
como Navarra ou a Región de Murcia. En Galicia, o programa PROGALIAM
foi precursor á hora de desenvolver unha rede, identificar e atender
dunha maneira precoz e con calidade a
os pacientes que sofren un Infarto Agudo de Miocardio. A implantación
do
PROGALIAM fíxose
posible
grazas á
participación
coordinada de numerosos profesionais de distintos ámbitos,
fundamentalmente do
061, atención primaria, cardioloxía,
urxencias, medicina intensiva e a propia
administración sanitaria.
A
Síndrome Coronaria Aguda con elevación do segmento ST (SCACEST)
exemplifica un dos paradigmas do beneficio dunha atención sanitaria
precoz, dado que a reperfusión coronaria urxente leva consigo unha
redución da mortalidade inmediata e da morbilidade por insuficiencia
cardíaca a longo prazo, especialmente, cando dita reperfusión realízase
mediante angioplastia primaria. Dado que aproximadamente a metade
das mortes por SCACEST teñen lugar antes da asistencia
hospitalaria (sobre todo nas dúas primeiras horas), o manexo precoz
e óptimo é esencial.
O
programa PROGALIAM actualízase no ano 2022 en consonancia cos
avances científicos e as novas guías asistenciais. Os obxectivos
fundamentais seguen sendo os mesmos:
Diminuír
a morbimortalidade e mellorar a expectativa de calidade de vida do
paciente con SCACEST.
Promover
a equidade no acceso ás prestacións do sistema sanitario para diminuír
a variabilidade no uso de recursos e tecnoloxías
diagnósticas e terapéuticas.