Produtos farmacéuticos

Produtos farmacéuticos

Documentación que se ten que presentar para o reintegro de gastos de produtos farmacéuticos

Xunto coa solicitude de reintegro presentarase a seguinte documentación:

  • Informe médico dun facultativo do Servizo Galego de Saúde que xustifique a necesidade de utilización do medicamento, producto sanitario ou dietoterápico.
  • Tique-factura orixinal da oficina de farmacia ou establecemento expendedor, con indicación dos productos dispensados e a data de adquisición.
  • No seu caso, certificado do INSS, relativo á situación do usuario.
  • Outra documentación que se estime necesaria a efectos de xustificar a petición de reintegro de gastos.