PLAN DE SAÚDE MENTAL DE GALICIA POSCOVID-19 PERIODO 2020- 2024

PLAN DE SAÚDE MENTAL DE GALICIA POSCOVID-19 PERIODO 2020- 2024

cerbro_logoweb_PGSM.png
A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais. A saúde mental é un estado completo de benestar físico, mental e social, no que as persoas poden acadar os seus obxectivos e son capaces de facer fronte o estrés da vida, traballar de xeito frutífero e contribuír a súa comunidade. A saúde mental é unha materia de interese para todos e non só para aqueles afectados por un trastorno mental.

Os cambios sociais rápidos, as condicións de traballo estresantes, a discriminación de xénero, a exclusión social, os estilos de vida pouco saudables, o baixo nivel educativo, a violencia e a mala saúde física son factores de risco para o desenvolvemento de trastornos mentais.

Tamén hai factores da personalidade e psicolóxicos así como condicionantes biolóxicos e xenéticos que fan que unhas persoas sexan máis vulnerables que outras a padecer un trastorno mental. Pero o máis importante é que existen estratexias e intervencións intersectoriais eficaces e rendibles de promoción, protección e restablecemento da saúde mental.

O Plan de Saúde Mental poscovid 19. Período 2020-2024 prioriza a realización de proxectos dirixidos a diminuír o impacto do COVID 19 na saúde mental e no benestar emocional das persoas. Para iso, reforza o número de profesionais nos dispositivos asistenciais do Sergas para desenvolver programas específicos orientados a atención ao trauma, ao dó e a depresión. Tamén ten en conta a atención aos maiores e persoas ingresadas en centros sociosanitarios, así como a teleasistencia como ferramenta de reforzo das consultas presenciais, o apoio aos/as profesionais sanitarios/as de primeira liña de acción fronte ao COVID-19, e o fortalecemento dos programas de prevención do suicidio.

Tomando como referencia o Plan de acción sobre Salud mental 2013-2020 da OMS, o Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19 prevé o desenvolvemento de actuacións dirixidas a incrementar a autonomía dos/das pacientes, garantindo que sexan acordes aos seus dereitos e necesidades e promovendo a normalización social e a desestigmatización das persoas que presentan un trastorno mental.

Para o desenvolvemento do plan contouse coa participación de persoas usuarias e profesionais da rede de entidades que colaboran co Servicio Galego de Saúde e coa Consellería de Sanidade na atención ao trastorno mental severo. O traballo levado a cabo nos diferentes centros e programas permite que as persoas con problemas de saúde mental se manteñan na comunidade e se lles preste apoios á súa autonomía.

Este proxecto representa un avance na aproximación que facemos á enfermidade mental, dando voz en primeira persoa aos afectados por estes trastornos, ademais de a persoas profesionais de atención directa.

A saúde mental continúa vivindo rodeada de mitos. Favorecer a información á sociedade e a inclusión das persoas que padecen trastornos mentais son accións fundamentais para romper as ideas erróneas preconcibidas.

As accións de sensibilización levadas a cabo desde diferentes sectores para dar a coñecer os trastornos mentais poden favorecer a integración social das persoas que o presentan”

 


Fomentando_a_empregabilidad.JPG
Enlace

Programa_vi-da2.JPG

Enlace

Trastornos_adictivos_II-xornada.png
Enlace

qualityright.JPG

 


A OMS_Euro fixo un comunicado para o lanzamiento mundial o 12 de abril de 2022 da formación electrónico QualityRights para avanzar na saúde mental, eliminar o estigma e promever a inclusión na comunidade. (link ao envento):
Como parte desta Iniciativa, a OMS desenvolveu un paquete integral de materiais de capacitación básicos e especializados para desenvolver capacidades en atención e apoio baseados en dereitos e centrados na persoa para todas as partes interesadas. A formación electrónica asociada de QualityRights, “ Quality Rights e- training”, está dispoñible en español no seguinte link​

Este programa global está a traballar para mellorar a calidade da atención que se brinda ás persoas con problemas de saúde mental e para promover os dereitos humanos das persoas con problemas de saúde mental, discapacidades psicosociais, intelectuais e cognitivas. O seu enfoque de atención e apoio baséase nos dereitos e está orientado á recuperación. A eliminación das intervencións coercitivas, o respecto polo dereito ao consentimento informado e a promoción da autonomía, a elección, a inclusión comunitaria e a recuperación son o núcleo deste programa.
Este proxecto aliñéase cos principios do Plan de Saúde Mental de Galicia pos COVID 19, en concreto obxectivo 1,3: Promover actuacións acordes ao estipulado pola Convención sobre os Dereitos de persoas con discapacidade.​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​