Os dereitos dos nenos

Os dereitos dos nenos

Convención polos Dereitos do Neno, Asemblea Xeral das Nacións Unidas de 1989

As actuacións das institucións públicas ou privadas de benestar social, así como as
 autoridades administrativas, porán unha consideración primordial en atender o interese superior da infancia.
 
As institucións, servizos e instalacións responsables do coidado ou a protección dos nenos axustaranse ás normas establecidas polas autoridades competentes, especialmente en materia de seguridade, sanidade, número e idoneidade do seu persoal e supervisión competente.
Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF)
UNICEF (acrónimo de United Nations International Childrens Emergency Fund) foi creado pola Asemblea de Emerxencia das Nacións Unidades para a Infancia en 1950 para axudar as nenas e nenos europeos tralo fin da Segunda Guerra Mundial.
En 1953 convértese nun organismo permanente dentro das Nacións Unidas. Tivo un rol fundamental na formalización da Convención polos dereitos dos nenos e nos esforzos pola súa aprobación internacional. En 1990 coordinou o Cume Mundial en Favor da Infancia, no que máis de 150 países deron respaldo á Declaración e o Plan de Acción para a Supervivencia, a Protección e o Desenvolvemento do neno ao longo dos anos 90.
 
En 1965 outorgóuselle o Premio Nobel da Paz, e o Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2006.