Onde teño que entregar a folla de inclusión no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica?

Onde teño que entregar a folla de inclusión no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica?

Podemos encontrar dúas modalidades, dado que cada hospital ten os seus propios circuítos:

    ◾O médico pode dispoñer que desde a propia consulta se realice unha entrega interna da folla ao Servizo de Admisión.

    ◾O médico pode indicarlle que a entregue persoalmente no mostrador do Servizo de Admisión do hospital.