Onde podo atopar información sobre os tempos de espera en Galicia?

Onde podo atopar información sobre os tempos de espera en Galicia?

Cada trimestre, o Servizo Galego de Saúde facilita información a través do seu portal Web, sobre o número de pacientes que figuran en espera e o tempo medio de espera para os distintos procedementos realizados por cada unha das especialidades cirúrxicas, desagregados por centros sanitarios.
 
A efectos de avaliar a xestión dos servizos públicos, cando se publican os indicadores de lista de espera, contabilízanse os períodos nos que o paciente espera por motivos atribuíbles á organización dos recursos dispoñibles.
 
Esta metodoloxía é aplicada en todos os servizos públicos de saúde do Sistema Nacional de Saúde, en aplicación dunha norma estatal que asegura a comparabilidade dos resultados de xestión sanitaria entre as Comunidades Autónomas.
 
O cálculo de indicadores está publicado no portal web e está validado polo Instituto Galego de Estatística (IGE).