Onde podo atopar información sobre a miña situación no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica?

Onde podo atopar información sobre a miña situación no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica?

Poderá solicitar información personalizada:

 

    ◾Chamando ao teléfono que figura no exemplar que se lle entregou da folla de inclusión no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica.

    ◾A través do portal web do Servizo Galego de Saúde (http://www.sergas.es). Para esta consulta debe dispoñer de certificado dixital (clase 2) de usuario válido expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre ou do DNI electrónico.