Onde me podo dirixir se me xorden dúbidas antes de que me citen para a miña intervención?

Onde me podo dirixir se me xorden dúbidas antes de que me citen para a miña intervención?

Vostede pode dirixirse ao teléfono que figura no exemplar que se lle entregou da folla de inclusión no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica, no horario sinalado.
 
O seu médico de Atención primaria tamén pode proporcionarlle información sobre calquera aspecto clínico relacionado coa súa intervención ou coa preparación que precise antes de seren operado (suspensión dalgunha medicación, axuste da dose, etc). Para isto pode dirixirse ao seu Centro de saúde e solicitar cita previa para consulta co seu médico.