Comunicación polas oficinas de farmacia do comezo ou modificación da actividade

Comunicación polas oficinas de farmacia do comezo ou modificación da actividade

  • No RD 870/2013, de 8 de novembro, polo que se regula a venda a distancia ao público, a través de sitios web, de medicamentos de uso humano non suxeitos a prescrición médica descríbense os requisitos aplicables para comunicar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia o comezo da actividade de venda a distancia.
  • A oficina de farmacia deberá comunicar, polo menos 15 días antes do inicio da actividade de venda a distancia, a seguinte información:
    • Nome e apelidos do farmacéutico ou farmacéuticos titulares ou, no seu caso, do farmacéutico rexente, e dirección da farmacia desde a que se dispensarán devanditos medicamentos non suxeitos a prescrición.
    • Data de comezo das actividades de oferta ao público de medicamentos por venda a distancia a través da páxina web.
    • Dirección do sitio web utilizado para este fin, así como toda a información necesaria para identificar o devandito sitio.
    • Información sobre os procedementos de envío dos medicamentos ao público.
  • Así mesmo, a oficina de farmacia deberá poñer en coñecemento das autoridades competentes das comunidades autónomas calquera modificación nos datos incluídos na notificación así como o cesamento desta actividade, polo menos 15 días antes de levar a efecto a mesma.
  • A comunicación do inicio da actividade así como calquera modificación dos datos incluídos realizarase mediante a seguinte ligazón: https://distafarma.aemps.es