Consellos para comprar de forma segura a distancia medicamentos que non requiren receta médica

Consellos para comprar de forma segura a distancia medicamentos que non requiren receta médica

  • Na páxina web da farmacia ten que aparecer sempre o logotipo da UE.
  • Verificar sempre a autenticidade do logotipo. Para iso, hai que pulsar sobre o logotipo icona da UE que dará acceso ao sitio web das autoridades sanitarias competentes onde se pode consultar a lista actualizada de farmacias habilitadas para vender medicamentos a distancia, a través de internet en Galicia. É imprescindible que a farmacia estea na lista.
  • Na Comunidade Autónoma de Galicia tamén se pode consultar a lista de farmacias autorizadas, a través da páxina web da Consellería de Sanidade https://extranet.sergas.es/bucen/BUCEN/BuscaFarmacias.aspx?IdPaxina=10019&seccion=0
  • Con este sistema non se poden comprar medicamentos non autorizados en España. Na páxina da Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS), pódese consultar cales son os medicamentos autorizados en España http://www.aemps.gob.es/cima
  • Tampouco se poden comprar medicamentos que requiren receita médica. Pódese pescudar se un medicamento require receita na páxina da AEMPS http://www.aemps.gob.es/cima/fichasTecnicas.do?metodo=buscar&receta=N
  • Pode por en risco a saúde se compra por internet en sitios que non cumpran algúns destes requisitos http://www.aemps.gob.es/informa/campannas/medIlegales/home.htm