Están definidos os procedementos cirúrxicos que se consideran desde o punto de vista clínico prioridade 1?

Están definidos os procedementos cirúrxicos que se consideran desde o punto de vista clínico prioridade 1?

Cando o médico cubre a folla de inclusión no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica, asígnalle un nivel de prioridade, que ten en conta criterios clínicos, sociais e funcionais.
 
A Dirección de Asistencia Sanitaria está a traballar coas sociedades científicas, para unificar os criterios que se aplican nos centros do Servizo Galego de Saúde, co fin de diminuír a variabilidade na priorización.
 
Existen mecanismos de control para detectar as variacións que poidan xurdir no tipo de prioridade durante a súa espera.
 
A programación das patoloxías máis graves, como o cancro, teñen deseñados uns circuítos de atención especial, cuxo principal obxectivo é asegurar a atención rápida e minimizar os atrasos, realizando un uso eficiente dos centros sanitarios.