Cómo se clasifican os pacientes en función do tipo de espera?

Cómo se clasifican os pacientes en función do tipo de espera?


Os pacientes incluídos no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica poden estar en dúas situacións en función do tipo de espera:
 
◾Pacientes en espera estrutural: son aqueles que nun momento dado están en situación de seren atendidos e a súa espera é atribuíble á organización dos recursos dispoñibles. Atendendo a súa situación clasifícanse en:
 
    1. Pacientes programables: están en disposición de seren programados en calquera momento.
 
    2. Pacientes en derivación: son os pacientes que aceptaron seren derivados a un centro concertado ou a outro centro do Servizo Galego de Saúde e aínda non foron atendidos.
 
◾Pacientes en espera non estrutural: son aqueles que nun momento dado están pendentes de seren atendidos, pero a súa espera non é atribuíble á organización dos recursos dispoñibles. Clasifícanse en:
 
◾Pacientes transitoriamente non programables: a súa programación non é posible nun momento dado, por algunha das seguintes causas:
 
    -Espera médica, por motivos clínicos que contraindican ou desaconsellan temporalmente a atención.
 
    -Espera por pospoñerse a actividade por vontade do paciente debido a circunstancias xustificadas.
 
◾Pacientes en espera tras a negación da derivación a un centro concertado ou a outro centro do Servizo Galego de Saúde.
 
 
 
 
Orde do 13 de maio de 2005 pola que se modifica outra do 19 de maio de 2003, sobre normalización do sistema de información e control da demanda de actividade programada de hospitalización, cirurxía e salas, na rede de hospitais do Servizo Galego de Saúde.