Consulta telefónica primaria

Consulta telefónica primaria

A consulta telefónica consiste en ofrecer a posibilidade, á elección do paciente, de realizar a atención sanitaria por medio do teléfono a quen solicite unha consulta.

O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PON EN MARCHA A PARTIRES DO 2 DE DECEMBRO DE 2013 A CONSULTA TELEFÓNICA EN ATENCIÓN PRIMARIA PARA TODA GALICIA

  • Esta iniciativa permite axiliar as consultas de atención primaria, conservando a mesma capacidade de resposta na asistencia
  • Ademais, favorece a accesibilidade dos cidadás á consulta, diminúe os tempos de espera, e evita desprazamentos innecesarios

O día 2 de decembro ponse en marcha a consulta telefónica para o médico de atención primaria en toda Galicia.

Esta iniciativa favorece a accesibilidade dos cidadáns á consulta dun proceso novo (problema de saúde, xestión de receitas, informes...); diminúe os tempos de espera; evita desprazamentos innecesarios; e favorece a conciliación familiar e laboral. Ademais, permite axilizar as consultas de atención primaria, conservando a mesma capacidade de resposta na asistencia.

Coa consulta telefónica preténdese poñer unha ferramenta máis en mans da cidadanía que favoreza a accesibilidade á consulta co seu médico.

 

FUNCIONAMENTO DA CONSULTA TELEFÓNICA

A consulta telefónica consiste en ofrecer a posibilidade, á elección do paciente, de realizar a atención sanitaria por medio do teléfono a quen solicite unha consulta.

Ademais, se o facultativo o considera axeitado, poderá realizar a correspondente prescrición a través da receita electrónica, permitindolle ao paciente acudir directamente á farmacia a recoller os medicamentos. Isto é posible grazas aos sistemas de información existentes no Servizo Galego de Saúde que integran a información de primaria e hospitalaria e que están conectados a todas as oficinas de farmacia. ​