Conecta 72

Conecta 72

Os coidados continúan despois da alta coa chamada de enfermería do teu centro de saúde en menos de 72 horas.

A continuidade de coidados defínese como o grao en que a asistencia que necesita o paciente está coordinada eficazmente entre diferentes profesionais e organizacións con relación ao tempo (Joint Comission), e supón un elemento de mellora e calidade asistencial desexable para todos os pacientes.


O programa "CONECTA 72" foi deseñado co fin de:

  • conseguir que a información das altas hospitalarias de todos os pacientes de calquera
    patoloxía sexa recibida, de forma automática, polos profesionais (medicina e enfermaría) dos centros de saúde.
  • mellorar a continuidade asistencial a través da realización, nas primeiras 72 horas post-alta, dunha consulta telefónica por parte do enfermeiro/a de atención primaria aos pacientes que foron dados de alta hospitalaria.
  • mellorar a comunicación entre a enfermeira de Atención Primaria e o paciente tras a alta hospitalaria, ao tempo que se procura a integración entre profesionais de enfermería de distintos niveis asistenciais o que permitirá mellorar a continuidade dos coidados.

 

Desta forma estaremos a ofertar á cidadanía unha continuidade de coidados eficiente que contribúe a:

  • Mellorar a calidade asistencial dos pacientes á alta.
  • Aumentar a relación e confianza dos pacientes e coidadores na asistencia sanitaria.
  • Facilitar e axilizar a integración e continuidade nos coidados dos pacientes tras a alta hospitalaria.
  • Previr e intervir precozmente ante os problemas de saúde tras a alta hospitalaria.
  • Homoxeneizar a práctica asistencial tras a alta.