Con quen teño que contactar se non podo acudir á cita?

Con quen teño que contactar se non podo acudir á cita?

Unha vez que lle confirmen a data na que será atendido, no caso de que se producise algunha circunstancia xustificada que lle impida acudir ao hospital nos días sinalados, comuníqueo o antes posible, poñéndose en contacto co Servizo de Admisión.
 
Considéranse causas e circunstancias xustificadas para non acudir ou atrasar a intervención as seguintes:
 
◾ nacemento de fillo ou neto, ou adopción: catro días naturais
 
◾ matrimonio: quince días naturais
 
◾ falecemento ou enfermidade grave dun familiar por consanguinidade ou afinidade, ata o cuarto grao inclusive: catro días naturais
 
◾ cumprimento dun deber inescusable de carácter persoal: mentres dura estritamente dito deber
 
◾ forza maior: o tempo que tarde en desaparecer a causa que impide a comparecencia
 
 
 
Se non acode á cita programada, por un motivo inxustificado, o hospital entenderá que vostede renuncia a súa solicitude de atención e será excluído da lista de espera.