Como me citarán ou chamarán?

Como me citarán ou chamarán?

Para confirmarlle a data na que será atendido, o Servizo de Admisión porase en contacto con vostede por vía telefónica:

 

◾Se despois de 2 días consecutivos de chamada non é posible localizalo, enviarémoslle un correo certificado urxente con aviso de recepción e se no prazo de 7 días, tras a recepción da carta, aínda non se puxo en contacto co hospital, entenderiamos que desiste da súa petición de asistencia, polo que sería excluído da lista de espera.

◾No caso de que vostede, antes de recibir a chamada, deixara de precisar a atención solicitada, agradeceriamoslle que nolo notificase para actualizar o Rexistro de pacientes en espera cirúrxica, o que axudaría a unha máis rápida atención a outros pacientes.