Cando o médico me propón a realización da intervención cirúrxica, teño un prazo para tomar a miña decisión?

Cando o médico me propón a realización da intervención cirúrxica, teño un prazo para tomar a miña decisión?

Sí. Vostede pode tomarse un tempo para pensalo. Non é necesario que acepte e asine inmediatamente o formulario de consentimento informado e a folla de inclusión. Pode facelo no mesmo momento que o médico lle fai a indicación ou con posterioridade.
 
Se decide aceptar a intervención cirúrxica, saiba que ten 90 días naturais desde a data de prescrición que figura na folla de inclusión no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica, para entregar estes documentos asinados. Transcorrido este prazo, a indicación caducará.
 
Cando se entregue a documentación, o hospital comprobará:
    ◾Que a folla de inclusión estea asinada por vostede e polo cirurxián.
    ◾Que o formulario de consentimento informado estea asinado e incorporado a súa historia clínica.
 
Aínda que vostede teña asinado na folla de consentimento informado, vostede pode revogar a súa decisión en calquera momento.