Cal é o procedemento que seguirá o Servizo Galego de Saúde se me propoñen realizar unha intervención cirúrxica?

Cal é o procedemento que seguirá o Servizo Galego de Saúde se me propoñen realizar unha intervención cirúrxica?


Cando o seu médico valore que a realización dunha intervención cirúrxica é a mellor alternativa para tratar a súa doenza, informarao para que vostede tome a súa propia decisión de aceptar ou rexeitar a operación.
 
O seu médico:
     ◾Cubrirá a folla de inclusión no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica, co fin de reservar unha cama e/ou un quirófano, necesarios para programar a súa intervención.
     ◾Explicaralle en que consiste a operación, as alternativas posibles, a oportunidade de realizala e os resultados esperados (beneficios, riscos e posibles secuelas).

 


Se vostede decide aceptar a intervención terá que:
     ◾Asinar o formulario de consentimento informado e
     ◾firmar la hoja de inclusión en el Registro de pacientes en espera quirúrgica, previamente cubierta y firmada por su médico.
 
O Servizo Galego de Saúde, a través do seu hospital adquire o compromiso de poñer en marcha as accións necesarias para chamalo no menor prazo posible.