Atención no extranxeiro con autorización previa

Atención no extranxeiro con autorización previa

Algunhas atencións sanitarias, especificadas no anexo II do Real Decreto 81/2014, requiren autorización previa. Nestes casos é preciso presentar unha solicitude dirixida á xerencia da estructura orgánica de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde correspondente, que resolverá nun prazo máximo de 45 días naturais dende a entrada na xerencia ou en calquera dos rexistros oficiais da Consellería de Sanidade, entendéndose como autorizada se non contesta no prazo.
Atencións sanitarias que precisan autorización.
Require autorización previa:
  • Calquera tipo de atención sanitaria que implique que o doente teña que pernoctar no hospital alo menos unha noite.
  • Tomografía por emisión de positróns (PET), e combinada co TC (PET-TC) e SPECT.
  • Reprodución humana asistida.
  • Diálise.
  • Ciruxía maior ambulatoria que requira a utilización dun implante quirúrxico.
  • Tratamentos con radioterapia.
  • Tratamentos farmacolóxicos ou con produtos biolóxicos, cuio importe mensual sexa superior a 1.500 €.
  • Radiociruxía.
  • Análisis xenéticos orientados a diagnósticos de casos complexos, incluídos o diagnóstico prenatal e o preimplantacional, análisis xenéticos presintomáticos e de portadores e análisis de farmacoxenética e farmacoxenómica.
  • Tratamentos de discapacidades que requiran para a súa corrección o melloría: cadeiras de rodas eléctricas, prótesis de membro superior excepto as prótesis parciais de man, prótesis de membro inferior excepto as prótesis parciais de pe, audífonos e bitutores.
  • Tratamentos con fórmulas completas para nutrición enteral domiciliaria e con fórmulas e módulos nutricionais para trastornos conxénitos do metabolismo dos hidratos de carbono, aminoácidos e lípidos.
  • Atención a patoloxías e realización de procedementos para os cuales foron designados servizos de referencia, de acordo co Real Decreto 1302/2006, de 10 de novembro, polo que se establecen as bases do procedemento para a designación e acreditación dos centros, servizos e unidades de referencia do Sistema Nacional de Saúde, incluídos no anexo III do Real Decreto 1207/2006, do 20 de outubro, polo que se regula a gestión do Fondo de Cohesión Sanitaria, ou se estableceron redes de referencia en Europa.