XIII Xornadas de Saúde Perinatal e Reprodutiva

XIII Xornadas de Saúde Perinatal e Reprodutiva

Un ano máis a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde organiza as XIII Xornadas de Saúde Perinatal e Reprodutiva, en Santiago de Compostela o día 25 de novembro en sesión de tarde e o día 26 en sesións de mañá e tarde, sendo a súa sede o Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (código da actividade 197542).
 
A Inscrición é gratuíta e está limitada á capacidade da sala (250), esta realizarase a través da Axencia do Coñecemento en Saúde (ACIS), a través de dúas rutas dependendo dende onde se acceda á web da ACIS; toda persoa interesada en asistir, debe cumprir os requisitos que establece a ACIS.
 
COMPLETADO AFORO, NON SE ADMITEN MÁIS INSCRICCIÓNS
 
Amplíase o prazo para presentación de resúmenes ata o 15 de novembro.
 
As prazas de 2 dos OBRADOIROS son limitadas, polo que o 25, previa acreditación, poderá inscribirse no obradoiro no que nese momento haxa praza libre.
 
Se desexa conectarse á rede wifi durante as xornadas, sega as instrucións que aparecen abaixo
 
*Solicitada acreditación ao Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.