Xefaturas territoriais da Coruña, Lugo e Ourense

Xefaturas territoriais da Coruña, Lugo e Ourense

Xefatura Territorial da Coruña
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial

Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade
Durán Loriga, 3
15003 A Coruña
Tel: 981155861; Fax: 981155801
Correo-e:XefaTerritorialSanidadeCoruna@sergas.es


Xefatura Territorial de Lugo
Begoña Seco Varela
Xefa territorial

Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade
Rúa Montevideo, 9
27001 Lugo
Tel: 982292126; Fax: 982292115
Correo-e:  xtlu_xefatura@sergas.es


Xefatura Territorial de Ourense
Laura López del Castillo
Xefa territorial

Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade
Avenida de Zamora, 13
32005 Ourense
Tel: 988066371; Fax: 988066302
Correo-e: xefatura.territorial.ourense@sergas.es

As xefaturas territoriais da Coruña, Lugo e Ourense, á fronte das cales estará un xefe ou unha xefa territorial, exercerán as seguintes funcións:

  • a) A dirección e a xestión dos servizos da xefatura territorial e o exercicio da supervisión, coordinación e seguimento das súas actividades e, en particular, a información e atención ao cidadán, o rexistro e arquivamento e o réxime interior, asumindo a representatividade plena destes.
  • b) A dirección e coordinación do persoal da xefatura territorial da Consellería, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
  • c) A elaboración da proposta das dotacións orzamentarias da xefatura territorial que se incluirá no anteproxecto de orzamentos da Consellería; o coñecemento e a dirección da xestión económica e o control da execución dos créditos orzamentarios asignados; a coordinación, execución e control dos plans e programas de actuación da Consellería, tanto no ámbito da planificación e ordenación sanitaria, como de farmacia e saúde pública, e a recepción, tramitación e resolución, se for o caso, de cantas denuncias, queixas e reclamacións se produzan no seu ámbito competencial.
  • d) A incoación e tramitación dos expedientes sancionadores derivados da comisión de infraccións administrativas no ámbito das súas competencias, e a resolución daqueles que lle atribúa a normativa vixente, así como acordar a suspensión temporal do exercicio de actividades, a incautación ou a inmobilización de produtos, a intervención de medios e outras de carácter cautelar, no ámbito da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, da normativa de ordenación farmacéutica e das normas sectoriais que resulten de aplicación.
  • e) As funcións encomendadas en materia de tramitación e proposta polo Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia, e as tamén encomendadas polo Decreto 176/2001, do 12 de xullo, sobre creación, apertura e funcionamento dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria, así como as previstas pola Orde do 20 de novembro de 2001 pola que se establecen os requisitos e procedementos de autorización das boticas anexas.As funcións encomendadas en materia de tramitación e proposta polo Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia, e as tamén encomendadas polo Decreto 176/2001, do 12 de xullo, sobre creación, apertura e funcionamento dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria, así como as previstas pola Orde do 20 de novembro de 2001 pola que se establecen os requisitos e procedementos de autorización das boticas anexas.
  • f) As funcións que lle outorga o Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, e demais normativa en materia de centros, servizos e establecementos sanitarios; as funcións establecidas no Decreto 97/1998, do 20 de marzo, en relación coa publicidade sanitaria e as funcións establecidas no Decretos 245/2009, do 30 de abril, Decreto 87/1990, do 15 de febreiro e Decreto 88/1990, do 15 de febreiro.
  • g) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Para o desenvolvemento das funcións atribuídas contarán coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

  • Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria. (Funcións):
    • a) A xestión da unidade provincial de tarxeta sanitaria, así como as funcións de planificación, ordenación e aseguramento sanitario, incluídas as relacionadas co aseguramento dos dereitos dos cidadáns que lle sexan encomendados.
    • b) A tramitación dos expedientes de autorización de instalacións, funcionamento, modificación e renovación dos centros, servizos e establecementos sanitarios, así como a xestión do rexistro dos seus profesionais de conformidade co establecido na normativa reguladora.
    • c) A tramitación da certificación técnico-sanitaria dos vehículos de transporte sanitario por estrada, de conformidade coa normativa vixente.A tramitación da certificación técnico-sanitaria dos vehículos de transporte sanitario por estrada, de conformidade coa normativa vixente.
    • d) A tramitación e informe dos expedientes de solicitude de licenza de fabricación de produtos sanitarios a medida, a xestión da declaración de distribución e venda de produtos sanitarios; a tramitación da autorización de funcionamento, modificación e renovación de servizos e establecementos de farmacia, e dos depósitos de medicamentos, conforme a súa normativa reguladora, e a toma de posesión dos farmacéuticos de oficinas de farmacia.
    • e) A verificación da execución das medidas adoptadas pola Subdirección Xeral de Farmacia como consecuencia das alertas sobre riscos relacionados cos medicamentos ou produtos sanitarios nos centros, establecementos e servizos sanitarios, así como a tramitación da medicación estranxeira para pacientes ambulatorios.
    • f) A tramitación das denuncias sobre publicidade sanitaria.A tramitación das denuncias sobre publicidade sanitaria.
    • g) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
  • Servizo de Xestión. (Funcións):
    • a) A organización da execución de programas e o control previo do gasto derivado da execución dos programas que se lle encomenden á xefatura territorial e, en xeral, a xestión económica da xefatura territorial.
    • b) A elaboración e emisión de informes técnico-xurídicos de apoio á xefatura territorial, así como a iniciación e resolución dos expedientes sancionadores derivados da comisión de infraccións administrativas cuxa competencia corrresponda á xefatura territorial conforme a normativa vixente.
    • c) A elaboración e emisión de informes técnico-xurídicos de apoio á xefatura territorial, así como a iniciación e resolución dos expedientes sancionadores derivados da comisión de infraccións administrativas cuxa competencia corrresponda á xefatura territorial conforme a normativa vixente.
    • d) A xestión e habilitación do persoal da xefatura territorial. 4.d) As propostas de recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico e, en xeral, aquelas que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.
  • Servizo de Alertas Epidemiolóxicas. (Funcións):
    • a) A xestión e control de abrochos epidémicos, alertas e crises sanitarias e a coordinación e seguimento do Sistema de alerta epidemiolóxica. 2.A organización da execución das actividades do Plan de prevención e control das enfermidades transmisibles e do Programa galego de vacinacións.
    • b) A organización da execución de actividades de prevención e control de enfermidades non transmisibles e dos programas de promoción de estilos de vida saudables e de programas poboacionais de cribado; a coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas e actividades encomendados, e, en xeral, aqueloutras que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.
    • c) A organización da execución de actividades de prevención e control de enfermidades non transmisibles e dos programas de promoción de estilos de vida saudables e de programas poboacionais de cribado; a coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas e actividades encomendados, e, en xeral, aqueloutras que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas. A organización da execución de actividades de prevención e control de enfermidades non transmisibles e dos programas de promoción de estilos de vida saudables e de programas poboacionais de cribado; a coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas e actividades encomendados, e, en xeral, aqueloutras que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.
  • Servizo de Control de Riscos Ambientais. (Funcións):
    • a) A tramitación e supervisión do cumprimento das directrices en materia de control de riscos ambientais para a saúde.
    • b) A vixilancia e control do cumprimento das disposicións ditadas en materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental e a execución das inspeccións nestas materias.
    • c) A implantación de políticas de calidade nos servizos de inspección.
    • d) A proposta de incoación de expedientes sancionadores en materia de seguridade alimentaria e/ou de sanidade ambiental, así como a tramitación dos expedientes administrativos de centros, establecementos e servizos non sanitarios ou substancias distintas dos medicamentos.
    • e) A coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas encomendados
    • f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
  • Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios. (Funcións):
    • a) O desenvolvemento dos plans e programas de inspección no ámbito de servizos sanitarios e territoriais.O desenvolvemento dos plans e programas de inspección no ámbito de servizos sanitarios e territoriais.
    • b) A inspección, avaliación e control da xestión e asistencia sanitaria prestada en todo tipo de centros e servizos, dos concertos e autorizacións de uso sanitario e a asistencia sanitaria prestada por mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e empresas colaboradoras; dos dispositivos de coordinación de urxencias e prestacións sanitarias complementarias, dos dispositivos de transporte sanitario, así como a realización de propostas de autorizacións de centros e servizos sanitarios, da prestación farmacéutica e control de medicamentos e produtos sanitarios e do sistema de farmacovixilancia.
    • c) A inspección e control dos medios de publicidade do medicamento; as auditorías de garantía de calidade en protección radiolóxica; as auditorías e inspeccións de normas de correcta fabricación de laboratorios farmacéuticos e as auditorías e inspeccións de boas prácticas de distribución dos almacéns farmacéuticos de distribución; a inspección e control sanitario da incapacidade laboral e a colaboración coas entidades xestoras en materia laboral, así como a participación no equipo de valoración de incapacidades.A inspección e control dos medios de publicidade do medicamento; as auditorías de garantía de calidade en protección radiolóxica; as auditorías e inspeccións de normas de correcta fabricación de laboratorios farmacéuticos e as auditorías e inspeccións de boas prácticas de distribución dos almacéns farmacéuticos de distribución; a inspección e control sanitario da incapacidade laboral e a colaboración coas entidades xestoras en materia laboral, así como a participación no equipo de valoración de incapacidades.
    • d) A inspección e control dos medios de publicidade do medicamento; as auditorías de garantía de calidade en protección radiolóxica; as auditorías e inspeccións de normas de correcta fabricación de laboratorios farmacéuticos e as auditorías e inspeccións de boas prácticas de distribución dos almacéns farmacéuticos de distribución; a resolución das reclamacións previas en materia de seguridade social derivadas dos partes médicos de baixa, confirmación de baixa e alta, emitidos polo servizo público de saúde nos casos establecidos na lexislación de seguridade social, sen prexuízo das competencias das entidades xestoras; a inspección e control sanitario da incapacidade laboral e a colaboración coas entidades xestoras en materia laboral, así como a participación no equipo de valoración de incapacidades.
    • e) A ordenación de investigacións previas reservadas en procedementos sancionadores de centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como en procedementos disciplinarios de persoal estatutario, coa obriga de comunicar o acordo á Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios; a instrución e proposta dos procedementos disciplinarios do persoal estatutario; a instrución e proposta dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos, e outros centros, servizos e establecementos sanitarios; a inspección e informe das actividades de investigación, así como da docencia pregraduada e posgraduada nos centros sanitarios e a realización dos informes preceptivos establecidos no Real decreto 1598/2004, do 2 de xullo, polo que se modifica o Regulamento xeral de condutores.
    • f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas. ​