Xornada dirixida a persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde e outros servizos sanitarios públicos do Sistema Nacional de Saúde, preferentemente do ámbito da saúde materna e infantil.
A inscrición á xornada é gratuíta e limitada á capacidade da sala. A selección será por rigorosa orde de inscrición.
Resérvanse dez prazas para asociacións sen ánimo de lucro de apoio á lactación materna e crianza (é preciso presentar xustificante da asociación á que pertence).
Existe un servizo de ludoteca na aula 1. Avise no momento da inscrición se vai facer uso do mesmo. Os bebés menores de 2 anos deben estar acompañados dunha persoa adulta.
NOTA: Aforo completo, non se admiten máis inscripcións.