Subscrición por SMS personalizada

Subscrición por SMS personalizada

Envíos de información persoalizada. A maiores de dispor dun móbil ou conta de correo electrónico para subscribirse, require estar dado de alta en Tarxeta Sanitaria.

Dende este portal pode subscribirse mediante certificado dixital ou chave365 aos servizos habilitados.

servizo_sms_correo.pngBenvido/a ao sistema de subscrición persoalizado do Servizo Galego de Saúde, dende o que vostede poderá dar de alta, baixa ou modificar as súas subscricións.

A maiores de dispor dun móbil ou conta de correo electrónico para subscribirse, require estar dado de alta en Tarxeta Sanitaria. Dende este portal pode subscribirse mediante certificado dixital ou chave365 aos servizos habilitados.

Coa finalidade de garantir a confidencialidade dos seus datos, para acceder a este servizo é indispensable que teña un certificado dixital de usuario válido expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT), un DNI electrónico ou chave365.

O uso indebido do certificado dixital ou do DNI electrónico será responsabilidade da persoa titular do mesmo.

Se non dispón dos mesmos ou quere solicitar unha inscrición a terceiras persoas, pode realiza-la subscrición persoalmente no seu centro hospitalario de referencia mediante o formulario dispoñible no segundo enlace que se mostra a continuación.