Servizo de reclamacións e suxestións

Servizo de reclamacións e suxestións

Se desexa enviar unha reclamación o suxestión pode facelo utilizando este servizo. Dende esta apartado vostede poderá tramitar e consultar directamente as súas reclamacións e suxestións.

QUERES é un sistema de xestión único e homoxéneo para todo o Sistema Público de Saúde de Galicia que permite recoller, resolver e informar as reclamacións e suxestións que se presenten en relación á prestación de servizos do Sistema Público de Saúde de Galicia, así como a análise sistemática da información que se desprende delas coa finalidade de desenvolver accións de mellora.

Nesta páxina vostede poderá escoller entre:

  • Presentar unha reclamación ou suxestión, se posúe certificado dixital no seu navegador.
  • Consultar o historial e respustas das reclamacións ou suxestións presentadas con anterioridade, se posúe certificado dixital no seu navegador.
  • Consultar o estado dunha reclamación ou suxestión concreta, mediante o número de referencia presente nela. Non é preciso ter certificado dixital no navegador.

Coa finalidade de garantir a confidencialidade dos seus datos, para acceder a este servizo é indispensable que teña un certificado dixital de usuario válido expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT) ou un DNI electrónico. O uso indebido do certificado dixital ou do DNI electrónico será responsabilidade da persoa titular do mesmo.