Aplicación móbil Saúde Móbil - Termos e condicións para Android

Aplicación móbil Saúde Móbil - Termos e condicións para Android

Aviso Legal

A aplicación "Saúde Móbil" é unha aplicación desenvolvida polo Servizo Galego de Saúde coa que se pretende establecer unha nova canle de comunicación cos cidadáns.

Para o seu funcionamento fai uso de diferentes elementos do terminal que requiren os seguintes permisos:

  • Teléfono: consultar a identidade e o estado do teléfono
  • Almacén: ler, modificar ou eliminar o contido do almacenamento USB/SD
  • Micrófono: gravar e reproducir sons

A aplicación emprega estes permisos exclusivamente para o seu correcto funcionamento á hora de amosar a diferente información ós/ás usuario/as (aplicacións, novas, redes sociais,..), optimizar a descarga de datos dende internet para reducir o consumo dos mesmos así como reproducir as alertas sonoras. En ningún caso se recollen ou empregan estes datos con outra finalidade que non sexa a comentada anteriormente.

Se desexa algunha aclaración pode pórse en contacto co Servizo Galego de Saúde a través da sección de contacto que pode atopar nesta mesma páxina.​​​​