Requisitos técnicos para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións

Requisitos técnicos para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións

Con carácter xeral, os requisitos técnicos dos procedementos para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións varían en función do sistema operativo utilizado:

S.O. Windows (probado con Windows 7/10)

  • Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer (na súa versión 11), Firefox ou Chrome
  • Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:
    • Certificado electrónico instalado no navegador ou DNI ou outro certificado sobre tarxeta sempre que teña instalado Autofirma para Windows (32 bits ou 64 bits). Pode descargar aquí o manual de instalación

S.O. MAC (probado con OSX 10.11)

  • Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Chrome
  • Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:
    • Certificado electrónico instalado no navegador ou DNI ou outro certificado sobre tarxeta (só con Firefox) sempre que teña instalado Autofirma para MAC. Pode descargar aquí o manual de instalación

S.O. Linux (probado con Ubuntu 11.04)

  • Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome
  • Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:

Requisitos comúns

  • Con independencia do procedemento, se fose necesario xuntar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .pdf. En calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido para o conxunto de ficheiros, que será de 50 MB (xa sexan un ou máis ficheiros). Consulte "Como podo presentar documentos de gran tamaño ou noutros formatos?"
  • Algúns antivirus non permiten a utilización do certificado electrónico por parte da aplicación de sinatura Autofirma. Se, despois de comprobar que o seu certificado electrónico é válido (pode facelo nesta ligazón), tivese problemas para realizar a sinatura electrónica, revise a configuración do seu antivirus e volva a intentalo.

Lembre que, para calquera procedemento que vaia realizar serán a data e hora oficiais que aquí se sinalan, e non as do equipo desde o cal se efectúa o trámite, as que teñen validez legal.