Órganos periféricos de dirección

Órganos periféricos de dirección

As estruturas de xestión integrada
De conformidade co establecido no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, para o exercicio das súas competencias, o Servizo Galego de Saúde organízase perifericamente en estruturas de Xestión Integrada, como estruturas organizativas sen personalidade xurídica que xestionan o Sistema público de saúde de Galicia e integran todos os centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde no seu ámbito territorial.
Correspóndelles ás estruturas de xestión integrada a xestión unitaria dos recursos sanitarios do seu ámbito territorial, así como das prestacións e programas sanitarios que desenvolvan, excepto as funcións de autoridade sanitaria.
O ámbito xeográfico de cada unha das estruturas de xestión integrada determinarase mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade, en función das necesidades sanitarias da Comunidade Autónoma e tendo en conta factores xeográficos, socioeconómicos, demográficos, laborais, meteorolóxicos e de dotación de vías e medios de comunicación.