O obxecto da Fundación é a prestación de servizos especializados de consultoría, planificación, avaliación:
- Servizos especializados e integrais en prestacións oftalmolóxicas de alta complexidade. Na creación do INGO un dos obxectivos fundacionais foi poder dar resposta a una demanda crecente de tecnoloxía aplicada ó diagnóstico e ó tratamento en oftalmoloxía.
- Asesoría e consultoría no desenrolo de novas prestacións diagnósticas e/ou terapéuticas.
- Desempeño e implantación de sistemas de corrección ocular.
O INGO actúa como centro de apoio dentro da Comunidade Autónoma para outros Hospitais.
Os programas exixen a aplicación de técnicas instrumentais de diagnóstico e tratamento que precisan por unha parte persoal especializado e adestrado, e por outra a inversión e mantemento do equipo adecuado.
Actualmente definiríamos asi a carteira de servizos:
Diagnóstico por Imaxe
Inclúe diferentes métodos de exploración con recursos instrumentais actualizados que aportan información clave no diagnóstico de enfermidades oculares.
- Segmento anterior do ollo:
Métodos de exploración da topografía corneal: Estudo das anomalías ou alteracións corneais que afectan á curvatura e á transparencia corneal baseados en técnicas de proxección – Videoqueratoscopio, técnicas de elevación-fendedura: ORBSCAN II, Aberrometría (Zyware): exploración das aberracións ópticas xeradas na córnea.
Consiste en 3 unidades instrumentais baseadas en diferentes sistemas ópticos e consideradas fundamentais no diagnóstico de enfermidades cornéais e na evaluación pre e post cirúrxica (cirurxía refractiva, queratoplastia, segmentos intracornéais ou adaptación de lentes de contacto).
BMU: Biomicroscopia Ultrasónica. Ecografía do segmento anterior en diagnóstico de procesos inflamatorios, tumorais ou traumáticos. Valoración pre e postcirúrxica.
- Diagnóstico por imaxe no glaucoma:
Unidades que aportan información importante no diagnóstico e control da evolución do glaucoma:
- Análise de Fibras do Nervio Óptico mediante exploración con GDX.
- Análise (screening) do campo visual co perímetro de dobre frecuencia e campimetría Humphrey
- Estudo do dano nas fibras do Nervio Óptico mediante OCT.
Ecógrafo de alta resolución empregado especialmente en diagnóstico de patoloxía tumoral do segmento posterior (apoio á unidade de retina do Servizo de Oftalmoloxía da área integrada de Santiago)
Diagnóstico de patoloxía da retina e evolución pre e post operatoria ocular.
- Tomografía de coherencia óptica OCT
Diagnóstico e evolución de patoloxía macular (DMAE, miopía alta, coroiditis serosa central, edema macular diabético, edema quístico postextracción catarata, etc.)
Así as actividades do INGO que conforman a súa carteira de servizos son as seguintes:
- Programa de terapia macular/terapia fotodinámica. Tratamento Antianxioxénico intravítreo. O INGO mantén a unidade de Terapia Fotodinámica, como único método de fotocoagulación selectiva na neovascularización da mácula. Actualmente indicacións concretas en miopía alta e coroiditis central serosa. O INGO realiza tratamento da patoloxía macular, mediante inxección intravítrea de fármacos antianxioxénicos.
- Consultas de Telemedicina orientadas á patoloxía do fondo de ollo.
- Técnicas especiais de exploración e diagnóstico por imaxe.- Análise da topografía corneal e aberracións ópticas: Videoqueratoscopía, Orbscan, Aberrometría.
- Tomografía de Coherencia Óptica (OCT)
- Analizador de fibras do nervio óptico (GDX)
- Ecografía ocular
- Láser Neodimio Yag, Láser Argón e Fotocoagulación
- Biomicroscopía ultrasónica
- Electroretinografía (ERG)
- Programa de contactoloxía.- Aplicación de lentes de contacto especiais para corrección de alteracións corneais graves: queratocono, ectasias cornéais, traumatismos, cicatrices...
- Consultas de rehabilitación visual
- Consulting oftalmolóxico
- Cirurxía de Láser Excimer:
- Cirurxía refractiva de Láser Excimer para a corrección dos defectos da refracción: Miopía, hipermetropía e astigmatismo.
- Técnicas Lasik e PRK.
- Cirurxía terapéutica (PTK) para “ablación selectiva” de cicatrices superficiais da córnea, erosión corneal recidivante.
- Cirurxía da catarata.
- Cirurxía de vítreo-retina.- Tratamento cirúrxico mediante vitrectomía de procesos que cursan con desprendemento da retina.
- Crosslinking corneal.