Recursos

Recursos

O cadro de persoal da Fundación, conforme ao organigrama detallado, está formado polo seguinte persoal: 

1 Director Executivo 
1 Director Técnico/Facultativo especialista en Oftalmoloxía 
4 Facultativos Especialistas en Oftalmoloxía 
1 DUE 
1 Titulado Superior non Sanitario 
1 Titulado Medio non Sanitario 
2 Administrativos 

Conta, ademais, con colaboradores que participan nos programas de contactoloxía e adaptación de lentes de contacto e rehabilitación visual. 

A enerxía, entusiasmo e motivación de todos eles, ligado á experiencia, profesionalidade e coñecemento, on os ingredientes básicos e os mellores recursos cos que conta o INGO para lograr os obxectivos formulados. 

Dirección 
Á dirección correspóndenlle as tarefas xenéricas de dirección e representación institucional e, entre outras, a planificación de estratexias e accións para desenvolver, así como a determinación de obxectivos conforme ós Estatutos e os mandatos do seu Órgano de goberno. Tamén elabora o deseño e a análise da estratexia empresarial e o establecemento de obxectivos xerais dentro do control da Fundación. 
Área de xestión 
Na área económico-financeira trátanse os aspectos de xestión propios da organización, incluíndo, entre eles, non só os aspectos económicos, senón tamén a xestión de recursos humanos, a xestión de medios técnicos e instalacións, a xestión de servizos xerais e a de tecnoloxías da información. Elabora o plan económico e financeiro da entidade asi como o control do cumprimento de toda a información económica. 
Área Asistencial 
Na área asistencial desenvolverase a realización dos servizos propios da fundación, a investigación de novos servizos e a mellora dos actuais con un alto grado de calidade e tecnicidade, poñendo por diante as prioridades do paciente. 
Área administración 
Na área de administración e de atención ao doente desenvolverase a secretaría do instituto, o aprovisionamento e xestión de materiais, a recepción do doente, a documentación xeral do centro (tanto de historias clínicas, coma do resto de documentación) así como a facturación. Tamén corresponde a este departamento a recepción e orientación do paciente dentro das instalacións da Fundación. 
Área de enfermería 
As principais funcións deste departamento son o apoio en quirófano, control de materiais asistenciais (fñarmacos, consultas e quirófano), seguemento de historias clínicas e labores propias de enfermería. Ademais, a enfermeira realiza a súa función profesional en consulta e na organización de quirófano.​