Estrutura de Xestión Integrada de Vigo

Estrutura de Xestión Integrada de Vigo

Estrutura Directiva

Xerencia de Xestión Integrada
  • Subdirección de Sistemas de Información
  • Subdirección de Calidade, Atención ao Doente e Admisión
 
Dirección de Procesos Asistenciais
  • Dirección de procesos de Enfermería
    • Subdirección de procesos de Enfermería (catro)
  • Dirección de Procesos con Ingreso 
    • Dirección de Procesos sen Ingreso e de Urxencias 
      • Dirección de Procesos de Soporte 
        Dependendo das Direccións de Procesos con Ingreso, de Procesos sen Ingreso e Urxencias, e da Dirección de Soporte, poderán existir catro subdireccións. A adscrición  de cada unha destas subdireccións será realizadas pola xerente de Xestión Integrada, segundo as necesidades asistenciais e logo da aprobación pola presidenta do Servizo Galego de Saúde.
         
         
        Dirección de Recursos Económicos
        • Subdirección da Área de Recursos Económicos (dúas)
         
        Dirección de Recursos Humanos
        • Subdirección da Área de Recursos Humanos

         

        Ámbito territorial

        Esta estrutura inclúe a área sanitaria de Vigo e xestionará todos os servizos sanitarios dos seguintes concellos:
         
        Arbo, Baiona, A Cañiza, Cangas, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Moaña, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo.