Competencias

Competencias

O conselleiro de Sanidade é a autoridade superior da Consellería, e con tal carácter desempeña e exerce as competencias que lle confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica de Galicia, e demais normativa de aplicación.