Estrutura

Estrutura

Dependen organicamente da Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, as seguintes unidades:
  • a) Intervención Delegada.
  • b) Asesoría Xurídica, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.
  • c) Adscríbense á Secretaría Xeral Técnica o Comité Ético de Investigación Clínica ou órgano que o substitúa e o Rexistro Galego de Instrucións Previas.