Benvida viaxeiras/os

Benvida viaxeiras/os

Benvida/o a Galicia!
Co obxectivo de protexer a súa saúde e a dos seus, dende a Xunta de Galicia puxéronse en marcha unha serie de medidas hixiénico sanitarias para a prevención da infección polo virus Sars-CoV-2.
Se non reside vostede en Galicia e non ten médico de cabeceira asignado, temos á súa disposición o teléfono 881 00 20 21 onde lle atenderemos sen custo para vostede no caso de presentar algunha sintomatoloxía relacionada coa COVID-19. Doutra banda, precisariamos información dos seus datos de contacto para poder asegurarlle as medidas de protección dende a súa chegada e remitirlle información para poder facer mais fácil a estancia con nos.
COMUNICACIÓN DATOS DE CONTACTO
Formulario 
Ten dispoñible, nesta mesma páxina o enlace ao FORMULARIO a cubrir segundo o idioma (Ver sección FORMULARIO DE REXISTRO)
Quen ten que reencher o formulario sanitario?
As persoas, sexan residentes en Galicia ou non, que proveñan ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19.
Esta referencia debe entenderse ao territorio dende o que se proveña ou no que se estivera no prazo dos catorce días anteriores á súa chegada a Galicia, non á posesión da nacionalidade deses países.
Esta comunicación deberá ser completada por cada un dos viaxeiros, que serán responsables de que a información subministrada sexa veraz e precisa. No caso de menores de idade, persoas dependentes ou incapacitadas, a declaración será cuberta polo seu titor, que se fará responsable da veracidade da información que se achega.
Que territorios se consideran de alta incidencia epidemiolóxica pola COVID-19?
Os recollidos por resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública
Neste momento:
  • De calquera dos países do continente africano.
  • Dos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Montserrat, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, San Vicente e as Granadinas, San Martín, Surinam, Illas Tartarugas, Estados Unidos, Illas Virxes, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.​
  • Dos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kyrgyzstán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Qatar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes, Usbequistán, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia e Vietnam.
  • Dos seguintes territorios de Europa: Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán, Bielorrusia, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kosovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia do Norte, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia e Ucraína.
  • Das Comunidades Autónomas de Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e A Rioxa.
En que prazo?
Nun prazo máximo de 24 horas dende a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, independentemente de que presente ou non síntomas compatibles coa COVID-19.
Persoas en tránsito continuado e outros supostos
Aquelas persoas que por motivos laborais ou similares leven a cabo un tránsito continuado entre Galicia e algún territorio dos incluídos entre os que precisan realizar comunicación obrigatoria, por exemplo, persoas que residen en Galicia e traballan en Portugal, poderán facer a declaración unha soa vez deixando sen cubrir a data de saída de Galicia. Con todo no caso de que o desprazamento sexa a territorios ou países distintos, se deberán levar a cabo unha comunicación con cada desprazamento a distintos territorios
Do mesmo xeito as persoas que residen en Galicia e que volvan dunha estancia nun territorio dos incluídos entre os que precisan realizar comunicación obrigatoria, deixarán tamén sen cubrir a data de saída de Galicia.
Como podería facer se non podo acceder á cobertura deste formulario?
No caso das persoas que non poidan levar a cabo a cobertura de devandita comunicación a través do formulario que se xunta nesta páxina web, poderán poñerse en contacto, dentro do prazo indicado, co teléfono 881 00 20 21 para a súa cobertura.
Que debo facer se teño síntomas compatibles coa COVID-19?
Calquera persoa que se atope na Comunidade Autónoma de Galicia e que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles coa COVID-19 tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos, deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao Servizo Galego de Saúde coa maior brevidade.
As persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia deberán poñerse en contacto con seu médico de cabeceira, a través dunha consulta telefónica, para que este poida determinar o que proceda.
As persoas non residentes na Comunidade Autónoma de Galicia deberán poñerse en contacto co teléfono 881 00 20 21 a través do que recibirán as indicacións para poder iniciar o procedemento e o acceso ás probas diagnósticas e, no seu caso, ao tratamento que os profesionais do Servizo Galego de Saúde consideren pertinente.
En caso de existir persoas conviventes no domicilio ou lugar de aloxamento, deberá evitar o contacto con eles e, se é posible, usar unha habitación de forma exclusiva ata recibir instrucións do servizo sanitario.​
​​​​​​​​Teléfono COVID-19