Benvida do Conselleiro

Benvida do Conselleiro

Mensaxe de benvida de Julio García Comesaña, o Conselleiro de Sanidade
Julio García Comesaña.jpgBenvidos á Consellería de Sanidade
 
Contar cun sistema sanitario sólido, dotado con profesionais cualificados e con infraestruturas modernas, representa unha das principais cuestións pola que debemos sentirnos orgullosos como galegos.
 
Desde a Consellería de Sanidade somos conscientes de que, na actual situación, manter e mellorar cada día a calidade asistencial en todos os nosos centros é a nosa prioridade na nosa aposta pola sanidade pública.
 
Nos momentos excepcionais é preciso redobrar os nosos esforzos co ánimo de garantir un servizo óptimo para toda a cidadanía.
 
A nosa Comunidade conta desde hai décadas cun sistema sanitario forte que se sustenta nos principios de equidade, calidade, gratuidade e universalidade.
 
Imos seguir impulsando e fortalecendo o noso sistema sanitario de cara a mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas. Continuaremos fomentando a súa modernización e apostando decididamente pola innovación e a investigación como obxectivos irrenunciables para a Consellería durante os vindeiros anos.
 
É para min un privilexio e unha gran responsabilidade estar á fronte da Consellería de Sanidade. Agardo desenvolver está tarefa con todo o meu compromiso, empeño e tesón, procurando acadar un sistema sanitario eficiente, moderno e avanzado para todos os galegos e galegas de hoxe e de mañá, e do que tanto os profesionais como a cidadanía se sintan orgullosos.
 
 
Moitas grazas,
Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade