Instrumentos de organización, sen personalidade xurídica, que configuran os órganos periféricos que xestionan o Sistema Público de Saúde de Galicia e integran todos os centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde no seu ámbito territorial.
Correspóndelles a xestión unitaria dos recursos sanitarios do seu ámbito territorial, así como das prestacións e programas sanitarios que desenvolvan, excepto as funcións de autoridade sanitaria.
O ámbito xeográfico de cada unha das estruturas de xestión integrada establécese no decreto polo que se creou cada Xerencia.
En Galicia hai 7 Estruturas de Xestión Integrada.