VACGAL é unha aplicación móbil para
facilitar a comunicación áxil e dinámica entre o Programa Galego de Vacinación e
os seus usuarios; de descarga gratuíta para teléfonos móbiles e tabletas con
sistemas operativos Android e IOS, pon a disposición dos cidadáns información
fiable e actualizada sobre vacinación. Entre as súas utilidades están:
- Información sobre os calendarios vacinais actuais, tanto infantil como do
adulto
- O meu calendario: Cartilla de vacinación propia e/ou dos fillos/as ou
persoas a cargo, onde se visualizan as vacinas administradas, así como as
pendentes de recibir
- Xestor de citas para a vacinación
- Vacinación para viaxeiros: información e loxística
- Comunicacións instantáneas, en forma de avisos, de aspectos relevantes
relacionados coa vacinación e/ou das campañas postas en marcha pola
consellería.