VACGAL: Aplicación móbil de Vacinas da Consellería de Sanidade

VACGAL: Aplicación móbil de Vacinas da Consellería de Sanidade

VACGAL é unha aplicación móbil para facilitar a comunicación áxil e dinámica entre o Programa Galego de Vacinación e os seus usuarios; de descarga gratuíta para teléfonos móbiles e tabletas con sistemas operativos Android e IOS, pon a disposición dos cidadáns información fiable e actualizada sobre vacinación. Entre as súas utilidades están:
  • Información sobre os calendarios vacinais actuais, tanto infantil como do adulto
  • O meu calendario: Cartilla de vacinación propia e/ou dos fillos/as ou persoas a cargo, onde se visualizan as vacinas administradas, así como as pendentes de recibir
  • Xestor de citas para a vacinación
  • Vacinación para viaxeiros: información e loxística
  • Comunicacións instantáneas, en forma de avisos, de aspectos relevantes relacionados coa vacinación e/ou das campañas postas en marcha pola consellería.​
      
      
VACGAL_vacinas_gal.png