Urxencias Sanitarias Galicia

Urxencias Sanitarias Galicia

A aplicación para dispositivos móbiles "Urxencias Sanitarias Galicia", dispoñible sen custo tanto para plataforma Android, como para a plataforma IOS, supón un avance significativo para a asistencia ao paciente na contorna extrahospitalaria. 
Unha vez instalada a aplicación, se o paciente ou alertante chama ao 061 a través da mesma, permite á Central de Coordinación Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 (CCUSG - 061) xeolocalizar a chamada e, por tanto, de ser necesario, enviar o recurso asistencial necesario con maior prontitude e precisión, feito especialmente relevante nunha comunidade como Galicia, con gran dispersión xeográfica e cunha climatoloxía e orografía complexas. 
A aplicación permite, se o usuario o desexa, rexistrarse e introducir os datos da tarxeta sanitaria, facilitando nese caso que o persoal sanitario da CCUSG-061 acceda con maior prontitude a súa historia clínica.​
 
app_store_gal.jpg

gplay_gal.jpg 
Capturas de pantalla​
app_061_pantalla.png