Aplicación mobil Sergas Móbil

Aplicación mobil Sergas Móbil

Punto de acceso centralizado a recursos móbiles do Sergas

O Servizo Galego de Saúde brinda nas stores de Apple e Google, a aplicación móbil "Sergas Móbil", que ten como obxectivo achegar a toda a cidadanía o catálogo de apps e e-servizos do Sergas, de xeito transversal, inclusivo e eficaz.​

Visualización de pantallas de Sergas Móbil

Dispoñible tanto en galego como en castelán, a persoa usuaria dispón dos seguintes servizos:

  • Tarxeta sanitaria virtual. Almacenamento da tarxeta sanitaria no móbil – Contacto 0.
    • O/A doente dispón da súa tarxeta sanitaria almacenada dentro da aplicación móbil
    • Equivale á tarxeta física para efectuar as xestións necesarias no Servizo Galego de Saúde e nas farmacias
    • Posibilita a supresión do contacto físico nas interaccións entre profesionais e doente
  • Cita de atención primaria. O servizo máis buscado e empregado.

A cita de atención primaria vía web é un dos recursos máis empregados que ten actualmente a organización en Internet a disposición da cidadanía.

Proporcionando esta funcionalidade a través da aplicación móbil facilítase o acceso e uso, co obxectivo de chegar a máis público e mellorar a accesibilidade.

  • Consulta de citas e obtención de quendas. Consulta de todas as citas (primaria e especializada) e obtención de quendas.

Listado de todas as citas de primaria e de especializada do/da paciente seleccionado/a, permitindo para cada unha:

    • Servizo de obtención da quenda (cando o/a doente chega ao centro)
    • Indicacións para chegar ao centro da cita dende a localización que precise, tanto dende fóra do centro como para o interior do edificio se dispón dela
  • Videoconsulta. Atención personalizada sen desprazarse ao centro.

Unha funcionalidade sinxela, accesible, que ten por obxectivo derribar barreiras a través dunha atención personalizada virtual de calidade, con capacidade de dar unha boa resolución sanitaria.

  • Os meus centros. Busca de centros e ademais con xeolocalización.

Servizo de busca de centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e sistema de xeolocalización de persoas usuarias en edificios:

    • Fixar centros como favoritos para evitar repetir buscas habituais
    • Ver a localización do centro en Google Maps e calcular ruta para ir ó centro (realidade aumentada)
    • Ver localización no interior do centro e calcular ruta para ir ó servizo concreto -nos centros que dispoñen dela- (realidade aumentada)
    • Visualizar o mapa interior do centro e acceso a puntos de interese por planta -nos centros que dispoñen dela-
  • Xestión de pacientes. Os datos personais só unha vez, persistindo.

O obxectivo é facilitar o acceso ás persoas usuarias, evitando ter que introducir repetidamente os datos, de forma que doentes rexistrados/as persistan na app.

En caso de acceder con seguridade alta, a persoa paciente incorpórase automaticamente ao listado de pacientes, así como as súas persoas delegadas en caso de telas.

Ó rexistrar paciente como principal, ou ó cambiar a selección de paciente principal no listado de pacientes, engádense en "Os meus centros" os seus centros de atención primaria e de atención especializada.​

  • Acceso entre as diferentes aplicacións. E-Saúde integrado.

Acceso integrado con outras aplicacións do Sergas, tales como:

    • É-Saúde, que permite acceso a servizos e contidos de saúde personalizados:
      • Acceso á historia clínica
      • Folla de medicación activa
      • Resumo de actividade Sergas
      • ...
    • TELEA, a plataforma tecnolóxica de asistencia domiciliaria
    • Etc. 
  • Últimas novas. Acceso á listaxe de últimas novas publicadas polo Servizo Galego de Saúde.
  • Redes sociais. Acceso ás diferentes canles da organización.

Acceso á listaxe das redes sociais dos diferentes organismos/estamentos dependentes do Servizo Galego de Saúde. Ofrécese información e acceso directo ás diferentes canles que teñen dispoñibles nas redes sociais.

  • Mensaxes. Consulta de notificacións de carácter xeral enviadas polo Sergas para comunicar novidades, avisos, etc.

​Niveis de seguridade para o acceso ás diferentes funcionalidades da aplicación

 
Sen seguridade Seguridade con datos de tarxeta sanitaria  Seguridade media Seguridade alta
Icono xestión de pacientes Icono de verificación SMS Icono de seguridade alta
Acceso integrado a​ "É-Saúde"​ ​​ Si
​Citas
Si
Si
Ampliar detalle de cita Si
Acceso integrado a "Telea"​ Si
Os meus centros Si
Si
Si
​Descarga tarxeta sanitaria virtual Si Si
Aplicacións Si Si Si
​Redes sociais Si Si Si
​Actualidade Si Si Si
​Mensaxes Si Si Si
​Acceso integrado a "Contacte" Si Si Si

 

​​Descarga