Aplicación móbil Saúde Móbil

Aplicación móbil Saúde Móbil

Catálogo de apps e e-servizos do Sergas

Saúde Móbil é unha aplicación do Servizo Galego de Saúde ca que se pretende establecer unha nova canle de comunicación cos cidadáns.

O obxectivo desta aplicación móbil é mostrar o catálogo de apps e outros servizos sanitarios que ofrece o Sergas na rede, así como permitir participar nas redes sociais e acceder ás últimas novas.

Pantalla inicial en vista móbil  Pantalla de listado de aplicacións en vista móbil

 

Dispoñible tanto en galego como en castelán, a persoa usuaria disporá das seguintes funcionalidades:

  • Acceso directo á versión móbil da aplicación de É-Saúde
  • Acceso directo á versión móbil da aplicación de Cita Atención Primaria
  • Acceso directo á versión móbil do servizo Contacte
  • Acceso ó catálogo de aplicacións móbiles do Servizo Galego de Saúde
  • Acceso á listaxe de últimas novas publicadas polo Servizo Galego de Saúde
  • Acceso á listaxe das redes sociais dos diferentes organismos/estamentos dependentes do Servizo Galego de Saúde. Ofrécese información e acceso directo ás diferentes canles que teñen dispoñibles
  • Consulta das mensaxes enviadas para comunicar ós usuarios novidades, avisos, etc.
  • ...

app_store_gal.jpg