A Subdirección Xeral de Atención Primaria

A Subdirección Xeral de Atención Primaria

A Subdirección Xeral de Atención Primaria é o órgano ao cal lle corresponde o exercicio das seguintes funcións:

a) Impulsar todas as estratexias, instrumentos, iniciativas, actividades e procesos asistencias destinados a mellorar a efectividade e a eficiencia no ámbito da atención primaria.
b) Fomentar programas asistenciais de continuidade en coidados e de atención á cronicidade no marco das estratexias do Servizo Galego de Saúde no ámbito da atención primaria, así como impulsar a implantación de proxectos de intervención comunitaria.
c) Potenciar a atención a domicilio e garantir maior accesibilidade e proximadede das prestacións sanitarias de atención primaria á poboación, e definir e implantar.
d) Desenvolver e coordinar as actuacións sanitarias en relación coa saúde mental nos centros sanitarios, así como a rede de centros de drogodependencias.
e) Impulsar a cooperación e coordinación efectiva cos órganos ou unidades da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competentes en materia de servizos sociais de cara a fomentar o desenvolvemento e a integración das prestacións sociosanitarias.

 

Para o desenvolvemento das súas funcións, contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

  • Servizo de Atención Primaria (Funcións):

  • a) A definición, implantación e xestión de plans, programas, procesos e actuacións asistenciais no ámbito da atención primaria.
  • b) A definición, implantación e coordinación do plan e programas en relación coa atención de cronicidade.
  • c) Impulso de programas de intervención comunitaria en colaboración con outros axentes.
  • d) A definición, implantación e actuacións dirixidas a fomentar a atención domiciliaria e incrementar a accesibilidade e proximidade das prestacións sanitarias á poboación no ámbito da atención primaria.
  • e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Saúde Mental (Funcións)
  • a) A definición, implantación e coordinación do Plan, programas e actividades en relación coa saúde mental.
  • b) O establecemento e seguimento dos obxectivos e indicadores no ámbito da saúde mental, necesarios para acadar a total integración asistencial e a efectiva continuidade de coidados, así como a avaliación destes.
  • c) A coordinación e xestión da rede de centros asistenciais de drogodependencias.
  • d) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Coordinación Sociosanitaria. (Funcións):

  • a) A coordinación, o seguimento e a reordenación, de ser o caso, dos recursos sociosanitarios existentes nas áreas sanitarias.
  • b) O desenvolvemento de programas e protocolos de derivación entre as diferentes unidades asistenciais.
  • c) A coordinación das prestacións sociosanitarias dependentes doutras institucións e administracións públicas.
  • d) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.