A Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento

A Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento

Á Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento correspóndenlle as seguintes funcións:

  • a) A aplicación das directrices da Consellería en materia de planificación, ordenación, aseguramento sanitario e do sistema de información poboacional do Sistema público de saúde de Galicia.
  • b) A elaboración, en coordinación con outras unidades da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, da proposta dos plans de saúde e de prioridades sanitarias.
  • c) Exercer a presidencia da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías ou Procedementos.
  • d) Todas aquelas funcións que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas. .

Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

  • Servizo de Planificación e Ordenación Sanitaria. (Funcións):
    • a) O deseño metodolóxico, a elaboración da proposta e o seguimento dos plans de saúde e de prioridades sanitarias.
    • b) A elaboración da proposta de ordenación territorial sanitaria, e da ordenación farmacéutica, coa actualización do mapa farmacéutico e a elaboración de informes técnicos para a autorización da creación, apertura, modificación, traslado, peche, transmisión, establecemento de gardas, horarios e vacacións das oficinas de farmacia da Comunidade Autónoma.
    • c) A organización e xestión do sistema de información de profesionais sanitarios de Galicia, en coordinación coas unidades encargadas en materia de recursos humanos e de tecnoloxías da información, avaliando periodicamente as necesidades de especialistas sanitarios.
    • d) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
  • Servizo de Aseguramento e Centros Sanitarios. (Funcións):
    • a) As propostas de aseguramento sanitario e a elaboración da guía de aseguramento en colaboración co Servizo de Tarxeta Sanitaria e Acreditación de Persoal.
    • b) A elaboración das propostas de incorporación das prestacións sanitarias non financiadas polo Sistema nacional de saúde, así como a xestión do procedemento de incorporación de novas técnicas, tecnoloxías e procedementos que, formando parte da carteira de servizos comúns do Sistema nacional de saúde, non se estean realizando no Sistema público de saúde de Galicia.
    • c) A coordinación dos programas de centros, servizos e unidades de referencia en Galicia.) A coordinación dos programas de centros, servizos e unidades de referencia en Galicia.A coordinación dos programas de centros, servizos e unidades de referencia en Galicia.) A coordinación dos programas de centros, servizos e unidades de referencia en Galicia.
    • d) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
  • Servizo de Tarxeta Sanitaria e Acreditación de Persoal. (Funcións):
    • a) A elaboración dos procedementos que permitan garantir aos cidadáns a acreditación do dereito á asistencia sanitaria pública en Galicia.
    • b) A elaboración de procedementos en relación co acollemento e acreditación de colectivos non asegurados polo organismo competente nesta materia para recibir asistencia sanitaria en Galicia.
    • c) A ordenación e xestión dos documentos que posibiliten, tanto aos cidadáns como aos profesionais, o acceso aos diferentes servizos públicos de acordo coas previsións de cada programa.
    • d) En relación co sistema de información poboacional do Sistema público de saúde de Galicia correspóndelle o seu mantemento e xestión, a identificación única dos seus usuarios, o desenvolvemento de novas funcionalidades que faciliten a interacción dos cidadáns coa Administración sanitaria, e a integración dos datos necesarios para facilitar as tarefas de planificación e ordenación asistencial por parte doutras unidades.
    • e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.