|
INICIATIVA HOSPITAL AMIGO DOS NENOS |
|
A lactancia materna (LM) é a forma natural de alimentar ós bebés e nenos pequenos. A lactancia exclusiva durante os primeiros seis meses de vida asegura un crecemento, desenvolvemento e saúde óptimos. Despois deste tempo, a LM, xunto coa alimentación complementaria apropiada, segue contribuíndo á correcta nutrición, desenvolvemento e saúde da lactante e do neno pequeno. Diversos estudos epidemiolóxicos documentaron as vantaxes que se desprenden da lactancia, incluíndo beneficios para a saúde dos nenos e das nais, nas familias e na sociedade. A pesar destes beneficios, actualmente un gran número de mulleres no noso entorno non amamantan ós fillos ou aliméntanos no seno materno só por períodos curtos. No noso entorno puxéronse en marcha distintas iniciativas neste sentido, como a Proposición non de Lei do Parlamento da Comunidade Autónoma de Galicia para a Promoción da Lactancia Materna nos Centros Sanitarios da Comunidade, de decembro do 2000. Recentemente, en decembro do 2003, a Consellería de Sanidade e UNICEF asinaron un acordo para a promoción, protección e apoio á lactación materna. En febreiro do 2004 asinouse un acordo entre o Ministerio de Sanidade e Consumo e UNICEF a favor da lactancia materna e contra o déficit de iodo. A dirección de Saúde Pública e Control de Riscos da Comisión Europea, lanzou en xuño do 2004 o Plan Estratéxico para a protección, promoción e apoio á lactancia en Europa, como modelo que destaca as accións que un plan nacional ou rexional debería conter e implementar se se quere conseguir unha eficaz protección, promoción e apoio á lactancia materna. |
|
POLÍTICA DA LACTANCIA MATERNA DO HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA A Dirección deste Hospital, comprometida coa mellora da calidade asistencial, asume a necesidade de promover, apoiar e protexer a lactancia materna, como resposta a que as prácticas asistenciais no noso Hospital non se atopan estruturadas nin dotadas dun contido homoxéneo que as faga consistentes, ainda que sí contemplan o apoio e a información á lactancia natural. Conscentes da necesidade de seguir un camiño estruturado para facer operativa esta política, esta Dirección decidiu implementar a Iniciativa Hospital Amigo dos Nenos. Esta iniciativa propón a modificación das prácticas asistenciais e a capacitación dos profesionais sanitarios para apoiar ás nais que deciden amamantar. Para desenvolver esta política e implementar as accións necesarias constitúese a “Comisión de Lactancia Materna”. |
|
OBXECTIVOS DA COMISIÓN DE LACTANCIA MATERNA Establécese como obxectivo xeral conseguir o entorno adecuado para apoiar ás nais que deciden amamantar. Obxectivos específicos: 1. Análise da situación: Estudo da prevaleza da lactancia materna no noso entorno. Autoevaluación seguindo o cuestionario da IHAN. 2. Implementación da IHAN Realización dun protocolo da lactancia materna que contemple os dez pasos da IHAN. Propoñer e organizar cursos de formación da LM para a capacitación dos profesionais. Estruturar a información sobre LM para as mulleres preñadas. Establecer a coordinación con grupos do noso entorno de apoio á LM. Monitorización dos resultados e medidas correctoras. 3. Difundir na organización e na sociedade as actividades realizadas pola Comisión. 4. Calquera outras funcións que en relación coa LM sexan encomendadas por esta Dirección. |
|
MÁIS INFORMACIÓN |
|
|
|
Directiva 2006/141/CE relativa ós preparados para os lactantes |